Neste caderno o seu autor, Joám Luís Ferreiro Caramés (Césio) fai unha análise sobre a necesidade da recuperación integral da ría de Ferrol, máis alá da construción de depuradoras ou da rexeneración dalgún banco marisqueiro. Unha análise que se combina con propostas reais e necesarias para unha ría viva e saudábel que mellore a vida das veciñas e veciños da comarca.
Joám Luís Ferreiro Caramés “Césio” é biólogo, coordenador do grupo de traballo nacional de pesca do BNG e membro da Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN). Realizou diversas campañas como observador en barcos de pesca para o Instituto Español de Oceanografía (IEO) e traballou como asistente técnico na cofraría de pescadores de Barallobre.