Saltar ao contido

Simposio Castelao

A Fundación Galiza Sempre e o BNG presentaron onte o congreso sobre a vida e obra de Daniel Castelao que terá lugar o 8 de novembro na Facultade de Comunicación de Santiago de Compostela (USC). Este Simposio será unha oportunidade única para reafirmarmos a vixencia do pensamento político de Castelao e o o inmenso e multifacético legado de quen trazou o verdadeiro programa político do nacionalismo galego.

Programa completo

10h00 benvida e presentación

  • Rubén Cela, presidente da Fundación Galiza Sempre.
  • Ana Pontón, portavoz nacional do BNG.

10h20 Castelao: a persoa

  • Miguel Anxo Seixas, presidente da Fundación Castelao.
  • Montse Fajardo, xornalista e escritora. Autora da biografía de Virxinia Pereira.
  • Xosé Luís Axeitos, escritor e investigador. Membro da Real Academia Galega.

*Modera Carme Vidal xornalista

11h15 a traída dos restos de Castelao

  • Proxección do vídeo da traída dos restos de Castelao a Galiza. Intervención de Tareixa Navaza xornalista.

11h45 Castelao: o escritor

  • María do Carme Fernández, profesora na UDC, filóloga e ensaísta.
  • Marta Dacosta, poeta e profesora.
  • Xoán Costa filólogo, profesor e escritor.

*Modera Keina Espiñeira, do padroado da Fundación Galiza Sempre

12h45 pausa-café

13h10 Castelao: o artista

  • Iria-Friné Rivera, historiadora de arte, escritora e investigadora.
  • Carlos L. Bernárdez, historiador, investigador e crítico de arte.
  • Pepe Barro, deseñador, ilustrador e escritor.

*Modera Pilar Lueiro concelleira do BNG en Santiago de Compostela.

*Intervención artística do Carrabouxo elaborando unha estampa a Castelao.

14h15 xantar na cafetaría da Facultade de Ciencias da Comunicación

16h00 “Monólogo arredor de Castelao”
A cargo de Quico Cadaval, contador, director e autor teatral

16h15 Castelao: o dirixente político

  • Uxío Breogán Diéguez Cequiel historiador, investigador e profesor na UDC.
  • Manuel Rei filólogo e ensaísta. Autor de estudos sobre Castelao.
  • Pilar Allegue filósofa, escritora e política galega.

*Modera Mercedes Queixas do padroado da Fundación Galiza Sempre e deputada.

17h15 o pensamento político de Castelao

  • Francisco Rodríguez filólogo, profesor e investigador.
  • Pilar García Negro filóloga, escritora e profesora da UDC.
  • Xoán Carlos Garrido ensaísta e investigador. Especialista en Castelao.

*Modera Lucía Veciño secretaria da Fundación Galiza Sempre.

18h30 clausura

Convidámoste, pois, a reservar esta data e acompañarnos. A túa presenza é fundamental para honrar a memoria de Castelao e, sobre todo, para continuar construíndo, colectivamente, a Galiza libre e xusta que queremos e pola que el loitou. Inscríbete premendo na seguinte ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeDoJWbAT1YnEoyqdeKYO0CvQmG_4_jWhtYF00rDivUnIL-ZQ/viewform