Saltar ao contido

Presentación en Redondela do caderno ‘Galiza coa chave dos seus cartos’

Este venres 23 de abril, a Fundación Galiza Sempre presenta en Redondela o monográfico Galiza coa chave dos seus cartos. O caderno forma parte da colección Ideas Impresas e con el analizamos o actual sistema de financiamento e o seu inxusto e arbitrario reparto, que non ten en conta as características específicas do noso País. Paralelamente, presenta a alternativa dun modelo de concerto económico para Galiza máis xusto, simple, transparente, e que garantiría a prestación duns servizos públicos de calidade.

O acto terá lugar na Casa da Cultura ás 20 horas e contará coas intervencións do portavoz municipal do BNG, Xoan Carlos Gonzáez, a deputada do BNG no Parlamento galego, Montse Prado e o economista e co-autor do caderno, Joám J. Romero.