O vindeiro venres 21 de outubro ás 20h no marco do 40 aniversario do BNG presentaremos no Círculo de Perlío (Fene) o libro editado pola Fundación Galiza Sempre, 40 Anos ao servizo da Galiza.
Intervirán:
- Pepa L. Pico, responsábel local do BNG
- Xaime Bello, militante histórico e fundacional do BNG na comarca
- Francisco Rodríguez, militante histórico e fundacional do BNG na comarca
- Manuel A. Fernández Baz, autor do libro
- Olaia Ledo, membro da Executiva Nacional do BNG
Acompáñanos neste acto tan especial e faite cun exemplar do libro no que se recollen as accións e acontecementos máis destacados que marcaron a historia do Bloque Nacionalista Galego.