O vindeiro venres 16 de decembro ás 20h no marco do 40 aniversario do BNG presentaremos no MOME da Estarda o libro editado pola Fundación Galiza Sempre, 40 Anos ao servizo da Galiza.
Intervirán:
- Xoán Reices Villar, candidato á alcaldía na Estrada
- Lucía Veciño Souto, secretaria da Fundación Galiza Sempre
- Xoán Carlos Vizoso, militante en Lalín
- Montse Prado Cores, deputada no Parlamento galego e membro da Executiva Nacional do BNG
Acompáñanos neste acto tan especial e faite cun exemplar do libro no que se recollen as accións e acontecementos máis destacados que marcaron a historia do Bloque Nacionalista Galego.

