Saltar ao contido

Presentación do caderno Política enerxética. Unha visión galega

O mércores 29 de outubro, a Fundación Galiza Sempre, presenta na libraría Cartabón de Vigo o caderno Política enerxética. Unha visión galega.

Trátase dun monográfico autoría de Quico da Silva, Fernado Branco e Manuel Cabarcos. Xuntos formaban o Colectivo Bidán, quen leva anos analizando o sistema enerxético, a política que o regula e as suas consecuencias. Neste caderno quixeron recoller 50 artigos que nos últimos 5 anos publicaron para distintas revistase xornais de Galiza. Este compendio de artigos está baseado en razoamentos e análises rigorosas, con contrastes legais e datos verídicos fóra e dentro de Galiza para facer unha radiografía do sistema eléctrico desde unha perspectiva en chave galega.

Unha publicación esencial para entender o sistema enerxético galego e a nosa capacidade de sermos unha potencia soberana á hora de producir enerxía. O caderno é de balde e haberá exemplares a vosa disposición na propia presentación.