A Fundación Galiza Sempre, en colaboración coa Asociación Cultural Alexandre Bóveda, presenta este mércores 26 de febreiro ás 19:30 na Coruña, o caderno 75 anos de legado de Castelao, autoría do profesor, Xoán Carlos Garrido.
O caderno, editado pola FGS para conmemorar o 75 aniversario do falecemento de Castelao no exilio, serve para divulgar, explicar e debater o pensamento de Castelao. Aposta por presentar un o Castelao auténtico, o Castelao patriota que do servizo a Galiza fixo a razón de ser da súa vida. Deste xeito, achegamos un Castelao sen manipulación, fronte ao proceso de terxiversación da súa loita comezada no mesmo momento da súa morte.
As persoas que se acheguen á presentación levarán de balde un exemplar do caderno.
