A Fundación Galiza Sempre vén de publicar o seu último título da colección Ideas Impresas, Política enerxética. Unha visión galega.
O monográfico é autoría de Quico da Silva, Fernado Branco e Manuel Cabarcos. Xuntos forman o Colectivo Bidán, quen leva anos analizando o sistema enerxético, a política que o regula e as suas consecuencias. Neste caderno quixeron recoller 50 artigos que nos últimos 5 anos publicaron para distintas revistase xornais de Galiza. Este compendio de artigos está baseado en razoamentos e análises rigorosas, con contrastes legais e datos verídicos fóra e dentro de Galiza para facer unha radiografía do sistema eléctrico desde unha perspectiva en chave galega.
Este mes de xuño comezaremos as presentacións en distintas vilas e cidades do país da edición impresa, o versión en PDF poderás descargala moi pronto da biblioteca da nosa páxina web.

** O deseño e impresión do caderno é traballo de Sacauntos Coop. Galega
*** Esta publicación recibe o apoio financeiro da Área de Cultura da Deputación da Coruña

