Saltar ao contido

Mesa redonda: Paz e soberanía dos pobos fronte ao imperialismo

A Fundación Galiza Sempre ten como principios o pacifismo, o antimilitarismo e a defensa da soberanía dos pobos. Nestes momentos de dinámica belicista imposta polo imperialismo e de políticas de rearme que pretende a Unión Europea, reafirmámonos en que o único futuro para o pobo galego pasa por unha paz real.

Por iso, neste 25 de xullo, no marco do Festigal, a Fundación Galiza Sempre en colaboración coa Fundación Coppieters organiza a palestra Paz e soberanía dos pobos fronte o imperialismo. Un encontro no que contaremos con Marta Bainka, membro da directiva da Fundación Coppieters, Adolfo Mendoza, autor da Constitución Plurinacional de Bolivia e deputado no Parlatino e Parlasur, Francisco Araújo, membro do Comité Central do Partido Comunista Português, Ana Miranda, eurodeputada do BNG e Néstor Rego, deputado do BNG nas Cortes españolas.

A mesa redonda terá lugar ás 17h40 na Galería das Letras e das Ideas do Festigal.