Saltar ao contido

Palestra Un concerto económico para Galiza

A Fundación Galiza Sempre, en colaboración co Centro Recreativo Cultural de Corcubión, organiza para este luns 16 de xuño a palestra Un concerto económico para Galiza.

No acto intervirán Pilar Tubío, concelleira de benestar, igualdade e muller e Bieito Lobeira, membro da executiva Nacional do BNG, para falar sobre o control do 100% dos nosos cartos e da capacidade de decisión de como e en que gastalos, un acto para abordar a nosa soberanía económica e financeira.

O acto terá lugar ás 20h no Centro Recreativo Cultural de Corcubión, máis coñecido como O Casino. As persoas que se acheguen poderán levar de balde un exemplar do caderno editado pola fundación, Galiza coa chave dos seus cartos.