Saltar ao contido

Mulleres, memoria e loita

O próximo venres 26 ás 19:30 na A.C Alexandre Bóveda (A Coruña) terá lugar a palestra Mulleres, memoria e loita para a que contaremos coa presentación e moderación da concelleira do BNG na Coruña, Mercedes Queixas, a xornalista Carme Vidal, así como a historiadora Elisenda Belenguer para centrarse nas figuras de Amparo López Jean e Neus Català, respectivamente.

Mulleres, memoria e loita é unha un proxecto compartido coas fundacións Neus Català, Darder Mascarò e Nexe. A través deste ciclo de encontros queremos poñer en valor a figura de catro mulleres esenciais para explicar as loitas sociais e polos dereitos das mulleres nos Països Catalans e na Galiza: Neus Català, Virtudes Cuevas e Amparo Picornell, Amparo López Jean.

Desde a comisión organizadora do ciclo destacouse desde o seu inicio a importancia de dar a coñecer estas mulleres como referentes, mais tamén a necesidade de recuperar memoria daquelas que loitaron e traelas ao presente. O ciclo deu comezo o pasado venres en Palma (Aurora Picornell), o que continúa este venres na Galiza (Amparo López Jean), o 7 de outubro no País Valencià (Virtudes Cuevas) e finalmente o 30 de xaneiro en Catalunya.