Tradución ao galego do Manifesto feminista Lieders, publicado en 1858 no xornal El Miño da man da escritora Rosalía de Castro.
A publicación, en formato facsímile, inclúe o texto dixitalizado e recollido na obra completa da autora publicado pola Fundación Rosalía de Castro en 1996. Conta ademáis cun limiar da doutora e investigadora María Pilar G. Negro, e a tradución profesional de Iria Taibo.
Con esta publicación a Fundación Galiza Sempre quere poñer en valor unha peza ensaística xenuína, para que sirva como homenaxe á nosa poeta nacional, pero especialmente como ferramenta de difusión do amplo legado que nos deixou.