A Fundación Galiza Sempre xunto con Galiza por Palestina, BDS Galiza, Asociación Galaico-Árabe Jenin, Mar de Lumes e Erguer. Estudantes da Galiza, organizamos unha xeira de actos co activista palestino Fayez Badawi por toda Galiza.
A través destes actos enmarcados no ciclo de conferencias Diálogos desde a Periferia, pretendemos traer a Galiza o relato da realidade sobre o xenocidio do pobo palestino da man dunha das voces más autorizadas para facelo. Con Fayez analizaremos as chaves para entender o que está pasando en Palestina, cales son os verdadeiros intereses de Israel ante a invasión de Gaza, o tratamento do conflito a través dos medios de comunicación ou cal está sendo o papel da comunidade internacional.
En total serán sete palestras en distintos puntos do País:
Ourense
- Luns 23 ás 20:15 no Café Cultural Auriense
Compostela
- Martes 24 ás 19:30 na aula 8 da Facultade de Historia
Vigo
- Mércores 25 ás 20:00 na Sede da ONCE
Lugo
- Xoves 26 ás 20:00 no Salón de Actos do Vello Cárcere
Viveiro
- Venres 27 ás 19:30 no Salón de Usos Múltiples
A Coruña
- Sábado 28 ás 18:00 na A.C Alexandre Bóveda
Ferrol
- Luns 30 ás 20:00 no Antigo Hospicio