Eucaliptos e o forestal arborado forma parte da colección de cadernos de análise Ideas Impresas, que a Fundación Galiza Sempre vén de relanzar cun modelo e unha edición máis moderna e nova, pero co mesmo formato lixeiro e interactivo que antes.
O caderno elaborado por Ramón Varela pretende axudar a entender a problemática e os intereses que moven a política forestal, á vez que aborda as grandes posibilidades que aínda temos ante un panorama de obrigado cambio de rumbo. O caderno fai fincapé na necesidade de partir dun modelo propio, sen que sexa alleo nin imposto, ao servizo do país e non ás grandes empresas multinacionais.
ÍNDICE
- Superficie e titularidade
- Especies, forestación e repoboación forestal
- Produción forestal e cortas de madeira
- Industria da madeira, consumos e valores
- Incendios forestais
- Plan de expansión do eucalipto
- Conclusións