A Fundación Galiza Sempre e Mar de Lumes inician unha xeira de encontros desde o mércores 23 até o martes 29 de abril co xornalistas e escritor Xavier García baixo o título China ameaza ou esperanza, co obxectivo de abordar as transformacións do país nos últimos anos e o seu papel no contexto internacional actual.
As potencias occidentais e os medios de comunicación executaron e continúan a executar unha campaña de manipulación e difamación contra China e a súa proxección ao exterior. A través destes actos, e da man dunha das persoas máis autorizadas para facelo, as entidades organizadoras pretendemos abordar a realidade política, económica, o pacifismo e o pragmatismo dunha das potencias económicas do mundo.
Os actos terán lugar neste mes de abril: o mércores 23 en Compostela ás 19:30 na Libraría Couceiro, o venres 25 ás 20:00 no Espazo Cultural Portas Ártabras da Coruña e o martes 29 ás 20:00 na Libraría Cartabón de Vigo.
O libro homónimo China ameaza ou esperanza. A realidade dunha revolución pragmática, editado por Akal poderá mercarsese nos propios actos.
