Saltar ao contido

ANTOLÍN FARALDO: Ideólogo e alma da Revolución de 1846

Antolín Faraldo, foi o faro e máximo representante de toda unha xeración que, en gran medida, foi o xerme do nacionalismo galego organizado. Sen a súa teoría e práctica sería imposíbel entendermos moitos fitos cruciais da nosa historia acontecidos nas décadas e séculos posteriores a súa morte.

Con tan só 23 anos sería o Secretario da Xunta Superior do Goberno Provisional de Galiza, órgano que, o 17 de abril de 1846 faría un chamamento ao levantamento popular contra a opresión económica e á falta de capacidade política e dignidade de Galiza. Aquel levantamento pasou á historia como a Revolución Galega de 1846, a cal non sería entendíbel sen a cabeza e alma de Faraldo.

Por iso, o próximo mércores 8 de outubro, no local comarcal do BNG de Ourense, a Fundación Galiza Sempre organiza unha palestra ás 19 horas para abordar a figura de Faraldo. E farémolo da man de Henrique del Río, veciño, como Faraldo, de Betanzos e gran estudoso do seu pensamento e acción.