Saltar ao contido

Antimilitarismo na Galiza

Etiquetas:

Un monográfico dedicado á loita antimilitarista na Galiza escrito por dúas persoas que teñen esta cuestión amplamente estudada e poden falar en primeira persoa e con coñecemento de causa: Bieito Lobeira e Manuel Caride, militantes nacionalistas, no seu día insubmisos ao exército español, que xunto a moitos outros, formaron parte dunha loita colectiva.

Aquela batalla foi posíbel grazas a un inmenso traballo e a un compromiso da militancia, que asumindo grandes sacrificios estiveron en disposición de dar unha batalla por eles e para que as xeracións futuras non tiveren que pasar polo servizo militar obrigatorio.

Nun contexto de rearme a nivel mundial sen precedentes desde o final da Guerra Fría, unha análise deste tipo entendemos que é sumamente necesaria para entender a utilidade da loita social, a ausencia de accións que avancen cara un mundo máis desmilitarizado e a necesidade de recuperar a loita antimilitarista.

** Esta publicación recibe o apoio da Área de Cultura da Deputación da Coruña.

Descargar.