A Fundación Galiza Sempre, integrante do Comité de Honra 50 aniversario do asasinato de Moncho Reboiras, chama a participar no acto nacional conmemorativo en recoñecemento a súa loita sindical, nacionalista e antifascista. O acto terá lugar o vindeiro 12 de agosto en Imo (Dodro) para homenaxear a súa figura no 50 aniversario do seu asasinato a mans da policía franquista
Cando se cumpren cinco décadas do seu asasinato a mans da policía franquista, en 1975 na cidade de Ferrol, a FGS quere manifestar o seu recoñecemento e gratitude á figura de Xosé Ramón Reboiras Noia, traballador, activista sindical e político nacionalista, pola súa valentía e compromiso militante na loita contra a ditadura franquista e na defensa dos dereitos nacionais de Galiza.
O acto conmemorativo do 12 de agosto desenvolverase no cemiterio de Imo, en Dodro. Ás 12:00 h procederase á reinauguración do mural en homenaxe a Moncho Reboiras ao pé do viaduto. Ás 12:30 h terá lugar a ofrenda floral no cemiterio, con intervencións de Lois Ríos, Marisa Vázquez, Suso Seixo e coas actuacións musicais de Mini e Sés.


