Este venres 21 de outubro ás 20:30 vén celebrar co BNG o seu 40 aniversario en Betanzos (Matadoiro Antigo).
Contaremos coas intervencións de:
- Amelia Sánchez, portavoz do BNG en Betanzos
- Andrés Otero, militante histórico e fundador do BNG na comarca
- Rubén Cela, presidente da Fundación Galiza Sempre
O acto será un recoñecemento á militancia histórica da comarca, no que tamén poderás facerte cun exemplar do libro 40 Anos ao servizo da Galiza.

