Saltar ao contido

Abril de lume e ferro. A xeración de intelectuais de 1846

Abril para as galegas e galegos é revolución. É o mes no que se funda no exilio e na clandestinidade do Porto en 1975 a Asemblea Nacional Popular Galega (AN-PG), unha organización que supuxo a creación dunha alternativa nacionalista de masas, xerme do que hoxe é o BNG. Tamén foi en abril un ano antes, onde o noso país irmán deu a volta á historia para rachar cun pasado de ditadura e encher de esperanza a todos os demócratas do mundo. Unha corrente de esperanza que encheu de apoios e folgos a todos aqueles que na Galiza loitaban contra o fascismo.

Pero por encima de todo, abril é o mes no que aquela primeira xeración nacionalista, liderada por Antolín Faraldo, afirmou a todo o mundo que ‘non queremos ser máis que galegos’ e, apos erguerse o 2 de abril de 1846 en Lugo, plantou cara ao Estado español, co fin de rematar cunha Galiza ‘convertida nunha verdadeira colonia da corte’. Aquela Revolución de 1846 deixou unha semente plantada que recolleron os intelectuais de aquela altura, como foi o caso de Benito Vicetto.

Xunto co Doutor en Filoloxía Románica, cunha tese sobre Benito Vicetto, e profesor xubilado de francés e irlandés en ensinanzan secundaria, Juan Renales, repasaremos o vindeiro martes 1 de abril as influencias que contribuíron a configurar un corpus común de ideas, todas elas aportacións que serán recollidas pola seguinte xeración de Murguía.