Desde a Fundación Galiza Sempre queremos contribuír a recuperar unha parte da nosa historia máis silenciada, co fin de proxectar no presente a dignidade e sacrificio de pasadas xeracións, que dun xeito ou doutro, deron a súa vida pola causa da liberdade de Galiza e a construción dunha sociedade máis xusta. Co traballo técnico de Álvaro Lamas e Marcos Paino, e baixo a dirección de César Caramês, e grazas as súas últimas investigacións, proximamente presentarase o documental no que se recolle aquel episodio.
Aquel levantamento popular foi a resposta dunha nova xeración galega ao modelo de Estado unitario imposto polos liberais que viviu un momento un momento de aceleración decisiva na década dos corenta do século XIX. Representou a impugnación do centralismo e a defensa dun novo papel da Galiza no espazo ibérico coa aposta dunha orde social máis xusta para as maiorías sociais do país. Neste sentido, este grupo protonacionalista situouse na vangarda das posicións progresistas, bebendo do seu principal referente, Antolín Faraldo, das fontes do socialismo utópico.
A loita daquel grupo provincialista, denominación empregada para denominar a primeira etapa do movemento político que hoxe referimos como nacionalismo, tivo como eixos a denuncia do atraso do País, as melloras das condicións de vida do pobo galego, a defensa da liberdade e de avances democráticos, e sobre todo, a reivindicación da Galiza como suxeito de dereitos políticos.
Nesta ligazón presentámosche o vídeo promocional:

