Tes nas túas mans a cuarta entrega dunha colección de pequenas publicacións coas que a Fundación Galiza Sempre está a rememorar e pór en valor determinadas efemérides de especial relevancia para o nacionalismo galego e para a Galiza. Neste caso, abordamos un momento crucial na loita cara ao recoñecemento nacional da Galiza: a aprobación do Estatuto de Galiza de 1936, do que se cumpren 85 anos. Facémolo da man do historiador Uxío Breogán Diéguez, un dos grandes estudosos dese proceso e do nacionalismo galego naquela etapa histórica.
85 Anos do Estatuto de Galiza
