Saltar ao contido

80 anos do Sempre en Galiza

Tes nas túas mans un novo número da colección “Grandes Efemérides, dedicado á conmemoración do oitenta aniversario da publicación do Sempre en Galiza de Castelao. Facémolo da man de Manuel Rei Romeu, un dos grandes estudosos no noso país da figura de Castelao e do Sempre en Galiza en particular. Obra que, sen lugar a dúbidas, é a de maior impacto na historia do nacionalismo galego, e ue entre outras cousas, a través dun xogo de palabras, dá nome á fundación do Bloque Nacionalista Galego, a Fundación Galiza Sempre, editora desta colección.