Saltar ao contido

50 anos do 25 de Abril

Abril, para os galegos e as galegas, é revolución. É o mes en que aquela primeira xeración nacionalista, liderada por Antolín Faraldo, afirmou a todo o mundo que “non queremos ser máis que galegos” e, após erguerse en Lugo o 2 de abril de 1846, plantou cara ao Estado español, co fin de rematar cunha Galiza “convertida nunha verdadeira colonia da corte”, sufriu represión, exiliouse e morreu en Carral, deixando unha semente plantada que recolleu unha década máis tarde outra xeración de mozos e mozas encabezada por Manuel Murguía e Rosalía de Castro.