Desde a Fundación Galiza Sempre quixemos dedicar un novo título desta colección de “Grandes Efemérides” a lembrar e pór en valor as loitas obreiras de Ferrol e Vigo de 1972. Facémolo a través dun excelente traballo de Adrián Bravo, en que sintetiza os feitos e a transcendencia dun día crucial para o movemento obreiro galego, como o foi o 10 de marzo de 1972. Ese día, Amador Rei e Daniel Niebla, obreiros do naval de Ferrol, eran asasinados pola policía franquista mentres participaban nunha masiva manifestación en defensa dun convenio colectivo para o seu centro de traballo. Así mesmo, considerabamos que, ademais dos feitos acontecidos en Ferrol, era moi importante pór en valor as históricas mobilizacións obreiras producidas en Vigo meses despois, porque ambos os acontecementos, conxuntamente, marcarían un antes e un despois na historia do movemento obreiro na Galiza e do país.
50 anos do 10 de marzo
