En abril de 1975 fundábase en Porto a Asemblea Nacional Popular Galega (AN-PG), a primeira organización de masas do nacionalismo en Galiza, e precedente do Bloque Nacionalista Galego.
Da man de Pilar Allegue, membro da Secretaría Colexiada da AN-PG, elaboramos esta nova publicación da colección Efemérides de Galiza, editada pola Fundación Galiza Sempre, e que ten como obxectivo facer un breve percorrido polos 7 anos de actividade da organización.
50 anos despois da fundación da AN-PG, podemos dicir con orgullo que se hoxe o nacionalismo non é marxinal nin nas institucións nin na sociedade, é grazas á unidade operativa e á base sindical e social organizada nos anos de eclosión da AN-PG. Se hoxe o BNG existe é porque milleiros de mulleres e homes tiveron a vontade no pasado de prepara o futuro.