Este sábado 21 de xaneiro celebramos en Corcubión os 40 anos do BNG na comarca.
Será nun acto que terá lugar ás 13h na Capela do Pilar e no que intervirán:
- Xurxo Rodríguez, responsábel comarcal do BNG
- Rafael Mouzo, militante histórico do BNG na comarca
- Lucía Veciño, secretaria da Fundación Galiza Sempre
- Daniel Pérez, deputado do BNG
O acto será un recoñecemento á miltancia fundacional da comarca e contará coa presentación do libro 40 anos ao servizo da Galiza, autoría de Manuel Anxo Fernández Baz.