Saltar ao contido

40 Anos da volta do nacionalismo á Praza da Quintana

Para quen, por idade, sempre celebramos o 25 de xullo na Praza da Quintana, podería parecernos algo normal e que non entraña ningún mérito en especial o feito de finalizar a manifestación do Día da Patria Galega nesta fermosa praza compostelá. Porén, non é así. É o froito dunha grande vitoria colectiva. Ese é o motivo polo que, desde a Fundación Galiza Sempre, decidimos dedicar un número da nosa colección de grandes efemérides ao feito de que este 25 de xullo de 2024 se cumpran 40 anos desde que o nacionalismo galego gañou a pulso para poder rematar a manifestación do Día da Patria Galega na Praza da Quintana, tras anos de prohibición e importantes cargas policiais para evitalo.