Saltar ao contido

40 anos da expulsión dos deputados nacionalistas

O 23 de novembro de 1982 aconteceu algo inaudito na Galiza e que nunca se produciría en ningunha outra parte do estado: a expulsión de tres deputados (Bautista Álvarez, Claudio López Garrido e Lois Diéguez, electos polo Bloque-PSG nas eleccións ao Parlamento de Galiza celebradas o 21 de outubro de 1981) por non xurar fidelidade á Constitución española.

Corenta anos despois, desde a Fundación Galiza Sempre, quixemos dedicar este número da nosa colección “Grandes efemérides” a lembrar o acontecido, pois non sería un feito menor para o nacionalismo galego, nin pola súa orixe nin polas consecuencias. Facémolo ademais, da man dunha das voces máis cualificadas para abordar este tema: Lois Diéguez; un dos tres deputados que, naquela altura, veríanse inxustamente privados dos escanos outorgados pola vontade do pobo galego expresada a través das urnas.