O martes 4 de outubro no marco da campaña do 40 aniversario do Bloque Nacionalista Galego, presentaremos en Pontevedra o libro 40 anos ao servizo da Galiza da autoría de Manuel Anxo Fernández Baz.
O acto será un recoñecemento á militancia histórica da comarca, onde contaremos coas intervencións de:
- Carme da Silva, membro da Executiva Nacional do BNG
- María Xesús López Escudeiro, militante histórica da comarca
- Rubén Cela, presidente da Fundación Galiza Sempre
- Miguel Anxo F. Lores, alcalde de Pontevedra
Achégate e faite cun exemplar desta obra que recolle os 40 anos do BNG!