O xoves 29 de setembro no marco da campaña do 40 aniversario do Bloque Nacionalista Galego, presentaremos en Lugo o libro 40 anos ao servizo da Galiza da autoría de Manuel Anxo Fernández Baz.
O acto será un recoñecemento á militancia histórica da comarca, onde contaremos coas intervencións de:
- Maite Ferreiro, Viceresponsábel comarcal do BNG
- Xesús Méndez (Suso de Navia), Militante fundacional do BNG
- Rubén Cela, presidente da Fundación Galiza Sempre
- Olalla Rodil, Deputada do BNG no Parlamento Galego
Achégate e faite cun exemplar desta obra que recolle os 40 anos do BNG!