O sábado 16 de decembro no marco da campaña do 40 aniversario do Bloque Nacionalista Galego, presentaremos en Celanova o libro 40 anos ao servizo da Galiza da autoría de Manuel Anxo Fernández Baz.
O acto será un recoñecemento á militancia histórica da comarca, onde contaremos coas intervencións de:
- Julia Paz Fernández, número 2 da candidatura do BNG en Celanova
- Sindo Rodríguez Bernardo, militante histórico
- José Rodríguez Cid, militante histórico
- Manuel Anxo F. Baz, autor do libro
- María Albert, deputada no Parlamento galego
Achégate e faite cun exemplar desta obra que recolle os 40 anos do BNG!