Saltar ao contido

1975 – 2025 50 anos da AN-PG 50 Anos de alternativa nacionalista

En abril de 1975, aproveitando a porta de liberdade que se abría para a loita pola liberación nacional galega coa Revolução dos Cravos, nacía na cidade de Porto a Asemblea Nacional Popular Galega, a primeira organización de masas do nacionalismo galego.

O vindeiro sábado 5 de abril a Fundación Galiza Sempre conmemorará os 50 anos da súa fundación nunha xornada que terá lugar no Hotel Oca Porta do Camiño desde ás 10h. A continuación podes consultar a programación completa:

  • 10h  Benvida
  • Rubén Cela, Presidente da Fundación Galiza Sempre
  • 10:15h1975 – 1977 A consolidación do nacionalismo popular galego
    • Lois Diéguez, Portavoz da AN-PG de 1977 a 1982
    • Presenta Marta Gómez, secretaria xeral de Galiza Nova
  • 11:15hPresentación e proxección do vídeo 1975-2025. 50 anos da AN-PG, 50 anos da alternativa nacionalista
    • Lucía Veciño, Técnica da Fundación Galiza Sempre
  • 11:45h Pausa-café
  • 12:15hDo pobo e para o pobo.A articulación dunha alternativa frentista
    • Xulia Canoura, activista contra a central nuclear de Xove
    • Francisco Jorquera, Secretario Nacional de ERGA nos anos 84 e 85
    • Manuel Dacal, membro dos Comités de Apoio á Loita Labrega
    • Modera Carme Vidal, xornalista
  • 13:151982 O nacemento da unidade nacionalista
    • Francisco Rodríguez, membro da Comisión Xestora da Fronte que deu lugar ao BNG
    • Alfredo Suárez Canal, militante da AN-PG e moderador da asemblea fundacional do BNG
    • Modera Olaia Ledo, membro da Executiva Nacional do BNG
  • 14:15hClausura
    • Ana Pontón, Portavoz Nacional do BNG
  • 14:30h Xantar de convívio

*Para participar, e por motivos tanto de aforo como de organización, é imprescindíbel a previa inscrición a través do correo fgs@galizasempre. gal antes do mércores 2 de abril.