Esta colección da Fundación Galiza Sempre — que vai pola súa oitava entrega — naceu para conmemorar grandes efemérides da historia da Galiza e do nacionalismo galego. Porén, o texto que tes nas túas mans, non lembra unha soa data nin un só nome. Trátase dun recoñecemento colectivo aos centos de mulleres e homes, militantes no nacionalismo galego, que sufrirían todo tipo de represalias, tortura, prisión, exilio ou morte a mans do fascismo español após o golpe militar de 1936.

