Saltar ao contido

175 Anos dos Mártires de Carral

Desde a Fundación Galiza Sempre, a través desta terceira publicación dedicada a grandes efemérides, queremos contribuír a recuperar unha parte da nosa memoria colectiva máis silenciada, co fin de proxectar no presente a dignidade e sacrificio de pasadas xeracións que, dun xeito ou doutro, deron a súa vida pola causa da liberdade de Galiza e a construción dunha sociedade máis xusta.

Nesta ocasión, co gallo do seu 175 aniversario, lembramos un dos acontecementos máis importantes da historia da Galiza: a Revolución Galega de 1.846. Temos a honra de contar para isto coa colaboración dun dos mellores historiadores do noso país e un dos máximos expoñentes no que a historia do nacionalismo galego se refire: Xusto Beramendi.