Saltar ao contido

170 anos do Banquete de Conxo

O 2 de marzo cúmprense 170 anos do coñecido como o Banquete Democrático de Conxo. Por este motivo, a Fundación Galiza Sempre decidiu dedicar un novo número da colección Grandes Efemérides de Galiza a este acontecemento de fonda carga simbólica. Facémolo da man de Xoán Costa, presidente da Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) durante case dúas décadas e do Consello de Administración de Sermos Galiza S.A na actualidade, quen ofrece un rigoroso percorrido polo contexto histórico e pola significación política deste importante episodio da nosa historia.