Saltar ao contido

110 anos das Mártires de Nebra

Este 12 de outubro cúmprense 110 anos daquel asasinato por parte da Garda Civil na parroquia de Nebra (Porto do Son), cando veciñas e veciños trataban de impedir o embargo dos bens dun veciño que se negaba a pagar un impostos inxusto. Como consecuencia daqueles disparos falecían Antonio Sobrado, Francisca Carou, Generosa Vidal, Ramona Suárez e Rosa Cadórniga.

Co historiador Eliseo Fernández repasamos as razóns que explican aqueles acontecementos e lembramos o exemplo de dignididade e organización das Mártires de Nebra.