Saltar ao contido

100 anos de Nós

En 2020 cumpríronse 100 anos da saída á rúa do primeiro número da revista Nós. Un fito que, desde a Fundación Galiza Sempre e o Bloque Nacionalista Galego queremos axudar a divulgar e pór en valor. Lamentabelmente, a pandemia da covid-19 non nos permitiu desenvolver a totalidade da programación que tiñamos preparada con motivo de tan importante efeméride. Porén, o coronavirus non confinará a nosa vontade de lembrar, homenaxear e divulgar o inxente traballo de toda unha xeración de homes e mulleres que dedicaron as súas vidas a defensa de Galiza. Por ese motivo, decidimos editar este traballo de Manuel Rei Romeu no que aprofunda na importancia política e vixencia do legado daquela xeración.