Saltar ao contido

100 anos das Mártires de Sobredo

Tes nas túas mans o número 13 da colección Grandes efemérides que edita a Fundación Galiza Sempre. Con esta colección, pretendemos lembrar e pór en valor algúns dos acontecementos máis importantes da historia da nosa nación e do movemento nacionalista galego. Nesta ocasión, coincidindo co seu cen aniversario, lembramos ás Mártires de Sobredo. Facémolo da man de Xosé Manuel Suárez Estévez que, ao longo das seguintes páxinas, fai unha detallada descrición daquel fatídico acontecemento, das súas orixes e consecuencias.