Saltar ao contido

100 anos da Tripla Alianza

O 11 de setembro de 1923, coincidindo coa Diada de Catalunya, asinábase un acordo entre forzas nacionalistas da Galiza (Irmandades da Fala e Irmandade Nazonalista Galega), Euskadi (Partido Nacionalista Vasco) e Catalunya (Acció Catalana, Estat Català, Unió Catalanista) que se coñecería como “A Tripla Alianza”.

Co gallo do centenario da sinatura deste importante acordo entre o soberanismo galego, vasco e catalán, a Fundación Galiza Sempre decidiu editar un novo número da súa colección de grandes efemérides.