Saltar ao contido

100 anos da Selección Galega

Este novo volume da colección Grandes Efemérides, editada pola Fundación Galiza Sempre, está dedicado ao centenario do primeiro encontro da selección galega de fútbol. Abordamos este acontecemento da man do histórico xornalista e escritor Alfonso Eiré, que dedicou múltiples artigos e libros a estudar a historia do fútbol do noso país e a súa relevancia en termos políticos.