Saltar ao contido

100 Aniversario do Manifesto Máis Alá

Etiquetas:

O 28 de xuño de 1922 saía do prelo da Editorial Nós (canto lle debemos aínda a Ánxel Casal e a María Miramontes!), o manifesto Máis alá! da autoría de Manuel Antonio e Álvaro Cebreiro.

Desde a Fundación Galiza Sempre quixemos conmemorar con esta publicación o cen aniversario dun manifesto que suporía un auténtico electroshock no sistema cultural galego da época e na conciencia das e dos máis comprometidos coa causa nacional galega. Para iso, contamos coa excepcional colaboración de Mercedes Queixas que, a través do traballo que estás a piques de ler, traza unha impecábel panorámica da importancia en termos artístico-culturais, mais tamén no plano ideolóxico-político, que tivo esta obra.