Presentación Himno Galego. Unha historia parlamentar (inconclusa)

Prezadas amigas,

A nosa colaboradora e amiga Mª do Pilar García Negro presentará na cidade de Madrid o seu último libro Himno Galego: unha historia parlamentar (inconclusa) na vindeira cuarta feira, 25 de outubro ás 19h30 na Casa de Galicia. A autora estará acompañada por Carme Fernández Pérez-Sanjulián, escritora e profesora da Universidade da Coruña.