3º Foro de fundacións de esquerda soberanista do Estado español

Os pasados días 25 e 26 de maio celebrouse en Bilbo (País Vasco) a terceira reunión plenaria deste Foro, creado en decembro de 2016, para conformar un espazo de debate, análise, reflexión común e coordinación de iniciativas entre diversas fundacións e asociacións similares de orientación soberanista de esquerdas. Asistiron axentes procedentes de Catalunya, o País Valencià, as Illes Balears i Pitiüses, Euskal Herria e Galiza. Escusaron a súa participación fundacións de Andalucía e as Illas Canarias.

Nesta terceira reunión ratificouse a necesidade de compartir visións e experiencias e asumiuse o compromiso de intensificar o traballo en común, tanto a nivel de análise e perspectivas estratéxicas como de relación con outros axentes e acción pública. Nese sentido, ademais de estudar a celebración dunha nova reunión do Foro a finais deste 2018 en Mallorca, deuse especial importancia a critícaa do réxime do 78 no 40 aniversario da actual Constitución española e, sobre todo,na esixencia cara ao futuro de cambios profundos que garantizen o dereito para decidir dos pobos. Acordouse , tamén, a creación dun secretariado técnico permamente do foro.

As fundacións participantes no Foro coincidimos na preocupación pola involución autoritaria e desdemocratizadora que se está vivindo no Estado Español. Cremos que este diagnóstico revaloriza a referencialidad do soberanismo transformador fronte a outros proxectos incapaces de facer fronte a esta regresión , algúns deles lamentablemente cada vez máis próximos ás teses do vello españolismo negador da diversidade e uniformizador.